Os percursos de Domingo Fontán, Casto Sampedro, Ruth Mathilda Anderson, Manfred Gnädniger ou Alan Lomax inspiran a quinta edición de Monumenta. O ciclo de divulgación do patrimonio que organiza a ConsellarÃa de Cultura e coordina Sinsalaudio achega, baixo o lema "Andar con arte" oito novo rutas para coñecer de xeito diferente novos recantos do paÃs. A Compostela de Domingo Fontán, a Costa da Morte, Os Peares, Santa Mariña de Augas Santas, Santa MarÃa de Pesqueiras, Valga, Mondoñedo e mais Redondela e a Illa de San Simón serán os escenarios do programa deste ano. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e mais Julio Gómez, de Sinsalaudio, presentaban esta mañá a nova xeira. Como é habitual, cada unha das rutas contará con camiñantes convidados que achegarán información sobre os lugares que se visitan e contidos relacionados cos mesmos. Profesionais da música, da cartografÃa, da antropoloxÃa, da arte contemporánea ou da retauración serán algúns dos acompañantes da nova edición.
Como principais novidades desta xeira, Gómez sinalou que as prazas para cada actividade serán limitadas e que a inscrición deberá facerse na semana anterior a cada un dos roteiros. Os contidos dos roteiros publicaranse na rede para facilitar que os interesados os poidan facer de xeito libre en calquera momento do ano.
Programa completo de Monumenta 2017.Como principais novidades desta xeira, Gómez sinalou que as prazas para cada actividade serán limitadas e que a inscrición deberá facerse na semana anterior a cada un dos roteiros. Os contidos dos roteiros publicaranse na rede para facilitar que os interesados os poidan facer de xeito libre en calquera momento do ano.