Espazos Sonoros presenta a súa XI edición

Oito espazos fan parte do programa de concertos vencellados ao patrimonio

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Espazos Sonoros presenta a súa XI edición

O campamento romano de Ciadella, a igrexa de San Xiao de Moraime, a fortaleza da Frouseira, a illa de Sálvora, a Casa Grande de Trasalba, Santa María de Baiona, San Martiño de Mondoñedo ou San Pedro Fiz do Hospital son os espazos que acollerán a XI xeira do ciclo Espazos Sonoros. Os xa habituais concertos de música antiga en espazos de interese patrimonial desenvolveranse este ano as fins de semana de setembro e fecharán o día 7 de outubro. Para alén dos recitais, haberá tamén visitas guiadas e rutas para coñecer os contornos dos lugares.

Entre os intérpretes atópanse nomes como a Capella Sancta Maria, especializada na música do Renacemento, o cuarteto de música de cámara M.Sancho Quartet, o trío de frautistas austríacas Vivid Consort ou o conxunto Romanza, encargado do concerto de clausura cun repertorio baseado nas cantigas de Martín Códax.

Que che parece esta nova?
80 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con San Pedro, San Martiño, Fiz, Sálvora...