Espazos Sonoros contará con 9 concertos na súa sétima edición

O ciclo desenvólvese entre o 14 de setembro e o 26 de outubro

21/7/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Música

O grupo italiano laReverdie abrirá o vindeiro 14 de setembro na igrexa de Santa María de Baiona a sétima edición do ciclo Espazos Sonoros. A Consellaría de Cultura presentaba hoxe en Compostela a nova xeira desta iniciativa na que se mestura música e espazos monumentais. En total serán nove concertos os que se desenvolverán ata o vindeiro de outubro ademais de rutas pola paisaxe, visitas guiadas e obradoiros. Canda aos italianos, o programa inclúe actuacións como as de Marco Beasley acompañado polos laudistas Fabio Accurso e Stefano Rocco, Xoán Curiel, Doa, o organista Marco Brescia ou unha produción a cargo do Coro Ultreia e os Menestreis de 1500.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xoán Curiel, Paisaxe, Baiona, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares