Espazos Sonoros presenta dez concertos na súa VIII edición

O ciclo bota a andar o vindeiro 13 de setembro en Oza-Cesuras

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Espazos Sonoros presenta dez concertos na súa VIII edición

A seguir a liña dos últimos anos, o ciclo Espazos Sonoros chega á súa VIII Edición a programar un total de dez recitais en lugares de interese cultural de todo o país. O grupo La Morra estrea o programa na Igrexa de San Nicolao de Cis, en Oza-Cesuras o vindeiro 13 de setembro. Canda a este, haberá recitais do Coro Vox Stellae e os Menestreis de 1500 (Monforte de Lemos), Tunde Jegede e Diana Baroni (CGAC, Santiago de Compostela), La Macorina (Mosteiro de Carboeiro, Silleda)ou Joel Frederiksen, que actuará na Igrexa de Santa Liberata en Baiona.

O recital de clausura, o 28 de outubro, estará dedicado a Filgueira Valverde, homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano. Será Óscar Ibáñez Trío o responsable de lembrar a gravación histórica que o vello profesor auspiciara en 1947 da Marcha do Corpus. O concerto servirá tamén para presentar o libro Xan Tilve, Gaiteiro de Campañó dedicado precisamente ao intérprete orixinal daquel recital.

Que che parece esta nova?
76 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Silleda, Mosteiro de Carboeiro, Baiona, Monforte de Lemos...