A quinta edición do ciclo Monumenta. Andar con arte tentará este ano descubrir e vivir o patrimonio cultural galego tras os pasos de camiñantes ilustres como o xeógrafo Domingo Fontán, o musicólogo Alan Lomax, a fotógrafa Ruth Matilda Anderson ou o folclorista e investigador Casto Sampedro. Segundo explicou hoxe o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, na presentación da programación, “estes viaxeiros recolleron os seus saberes ou atoparon a súa inspiración ao longo do territorio galego, que percorreron cos ollos abertos e en respecto absoluto co territorio e coa cultura”. “E ese é o espÃrito que queremos que teñan estas actividades: unha programación cultural saudable en respecto e en valoración co que nos rodea”, dixo.
Nas fins de semana do 5 ao 27 de agosto, Monumenta achegarase aos concellos de Santiago de Compostela, de Allariz, de Chantada, de Valga, de Mondoñedo, de Camariñas, de Redondela e de Nogueira de RamuÃn a través do seu patrimonio arquitectónico, natural, arqueolóxico e paisaxÃstico. A figura do afiador dos Peares, a paisaxe sonora mindoniense, os morcegos da igrexa de Santa MarÃa de Pesqueiras, o xacemento de Mercado dos Mouros e os miradoiros de Camelle son algúns dos atractivos para a participación nas xornadas do ciclo. A inscrición pode realizarse no web.