Cultura activa unha programación cultural para promover o patrimonio

O ciclo Monumenta chegará a espazos patrimoniais de dez concellos

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O ciclo "Monumenta" tenta "divulgar e poñer en valor o patrimonio restaurado". A empresa VAN Divulgación coordinará este proxecto que combinará música, obradoiros, teatro de rúa, visitas guiadas e faladoiros a diferentes bens de dez concellos galegos: Tui, Meis, Betanzos, Lousame, Chantada, Lourenzá, Cenlle, Leiro, Vilardevós e Toén, nos que se están a realizar restauracións de interese artístico ou arquitectónico.

Datas de celebración

[da nota de prensa oficial]

O ciclo percorrerá nas próximas semanas as catro provincias galegas. En novembro estará no claustro da catedral de Santa María en Tui (día 9), no santuario da Angustia en Betanzos (día 10), na igrexa de San Miguel de Osmo en Cenlle (día 16), na igrexa de Santa María de Nogueira de Miño en Chantada (día 17), na igrexa do mosteiro de Santa María de Armenteira en Meis (día 23), no mosteiro de San Xusto de Toxos Outos en Lousame (día 30). En decembro, o ciclo desenvolverase na igrexa do mosteiro de San Salvador de Vilanova de Lorenzá (día 1), na igrexa do mosteiro de San Clodio en Leiro (día 24), na igrexa de Santa Cruz de Terroso en Vilardevós (día 7) e na igrexa de San Pedro de Moreiras en Toén (día 8).

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Monumentar o próximo

Monumentar o próximo

O ciclo Monumenta busca a conexión do patrimonio coa poboación local mediante diferentes actividades

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Leiro, Lousame, Teatro, Chantada...