O Día Europeo da Música celébrase hoxe cun múltiples actos en varios sitios de Galicia. Coincidindo co solsticio de verán a música sae hoxe ao encontro da xente de moi diversas maneiras, non só en escenarios e rúas. Os pasaxeiros do tren que vai da Coruña a Santiago hoxe ás 11 da mañá son dos primeiros en tomar contacto co esta celebración, xa que nos vagóns do seu transporte público o Grupo Instrumental Siglo XX fará un concerto de cámara durante o traxecto. A acción está organizada desde a compañía pública Renfe e o Consorcio para a Promoción da Música do Concello da Coruña. Mentres isto ocorre en tránsito, nas propias rúas da cidade herculina músicos integrantes da Sinfónica de Galicia sacan os seus instrumentos para interpretar obras da música clásica espallando a súa presenza por tada a cidade ao longo do día. Santiago e Vigo tamén acollerán varios actos relacionados coa festividade.
Coincidindo ás 11, o violinista Gabriel Busi e o trompa Manuel Moya estarán no Centro de Día Barrio das Flores (AFACO); ás 11.30 horas, o Grupo Orphelion (María José Ortuño) Deborah Hamburger, Luigi Mazuccato e Berthold Hamburger) actuarán na Residencia de Maiores da Congregación das Hermanitas de los Ancianos Desamparados cun repertorio dedicado íntegramente a Mozart. Na Praza José Toubes Prego - San Pedro de Mezonzo (ACCEM) será o Grupo de Percusión da OSG o que estará achegando a música á xente a mediodía. Xa polo serán na Academia de Belas Artes serán un cuarteto conformado por profesores da Sinfónica(Dominica Malec, Enrique Iglesias, Vladimir Rosinskij e Ruslana Prokopenko) os que ofrecerá un recital e unha hora máis tarde no Museo Picasso será o violinista Florian Vlashi, quen interpretará solos de Quiroga, Ravel y Kurtag. O vestíbulo da Biblioteca Durán Loriga será o espazo elixido pola Camerata Brigantina para unha actuación ás 20:30 horas cun programa con pezas de Albinoni, Mozart, Vivaldi e Jenkins.
Santiago celebra o presente e pasado da música
Na capital galega a Fundación SGAE en colaboración co Concello ofrecerán máis de horas de música nun festival aberto no parque de Vista Alegre a partir das 20:30 horas en no que actuarán o dúo Shica & Gutman, fusión de música de raíz ibérica e flamenca con bases electrónicas, e os galegos Villanueva e Best Boy. Pola súa banda, tamén en Santiago, a Xunta de Galicia localiza na Cidade da Cultura o seu acto de celebración da efeméride internacional cun concerto da veterana banda Os Resentidos, que comandada por Antón Reixa actuará na Praza Central do complexo do Monte Gaiás ás 21 horas e nun acto aberto e de balde. En coincidencia a Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela presenta o seu festival de fin de curso 2018-2019 "50 anos da Canción Galega" no Auditorio de Galicia co que pretende amosar un percorrido polas diferentes vangardas estéticas e musicais dos últimos cincuenta anos, onde a Canción Galega foi protagonista. Nun esforzo sen precedentes nos 15 anos de traxectoria da Escola Municipal, este festival vai a congregar a máis de 200 músicos no escenario da Sala Ángel Brague do Auditorio de Galicia. Dúas grandes agrupacións formadas por alumnos da escola súmanse ao coros de adultos mais os Coros Xuvenil e Infantil. O acto ademais contará coa colaboración de varias das voces máis salientables do panorama musical galego, como Guadi Galego, Xabier Mera, Najla Shami, Ramón Bermejo, Nastasia Zürcher, Espiño e Rocío Jiménez.
En Vigo a Orquesta Clásica de Vigo volta ao Casco Vello da cidade para celebrar alí este Día Europeo da Música con música sinfónica. Na praza que se forma na intersección da Rúa Real coa Travesía da esperanza, á altura do número 24 e do Rexistro da Propiedade a formación clásica ofrecerá un concerto aberto aos cidadáns ás 20:30 horas.