Compostela e Vigo celebran o día Europeo da Música con concertos

Este día ten música

21/6/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Hoxe é o día Europeo da Música. Por iso, varias formacións decidiron saír ás rúas para celebralo como mellor saben facelo: con música. En Santiago, o Casino promove a celebración cun programa musical que ofrecerá cinco concertos en prazas como Praterías, o Toural ou a propia sede do Casino na rúa Vilar. Por outra banda, o Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra aproveita a efeméride para presentar o seu traballo discográfico “Tributo a Charlie Parker”. Un evento que terá lugar en Vigo, no marco do Festival Internacional de Jazz de Vigo.

Máis información sobre a celebración en Santiago en Galicia Hoxe e sobre “Imaxina Sons” no web do Concello de Vigo

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Jazz, Galicia Hoxe, Concello de Vigo...