Coincidindo co solsticio de verán celébrase hoxe o Día Europeo da Música, unha festa de recente tradición que insta a sacar a música a rúas, prazas e espazos públicos para compartila. Co gallo desta data algunhas entidades e administracións levan a cabo actos hoxe ou durante a vindeira fin de semana. En todos os casos as actividades son de balde, algunhas con reserva previa.
En Santiago de Compostela hoxe mesmo será a terraza cuberta da sede da SGAE no Parque Vistalegre a que acolla o festival Acento, co que se conmemora a celebración, o evento inclúese ademais nas actividades conmemorativas do 25º aniversario da Fundación SGAE. Alí, desde as 19:30 horas actuarán o dúo Caamaño & Ameixeiras, seguidos da banda Momboi e pecharán a festa a sesión de Coolnenas DJ. Na capital galega tamén está previsto para o venres 24 un evento co gallo desta celebración organizado desde a Xunta de Galicia. Na Cidade da Cultura por sto motivo terá lugar a actuación de Ortiga, o venres 24 de xuño ás 21,00 horas na Praza Central do Gaiás, nun concerto de balde no que tamén subirán ao escenario varios artistas, amigos e colaboradores do músico compostelán.
En Pontevedra e Vigo, a Deputación de Pontevedra propón dous concertos nas rúas das sedes da institución provincial de ambas cidades, a distintos horarios e dirixido a distintos públicos. Na capital provincial, no exterior do Pazo da Deputación ás 17:30 horas haberá una actuación para público infantil da formación A Gramola Gominola; mentres que en Vigo será a banda Broken Peach a que dará un concerto ás 20:30 horas, tamén no exterior da sede do ente provincial. Na cidade olívica, os integrantes da Orquesta Clásica de Vigo darás tamén hoxe recitais agrupados en formacións de cámara ás 20 horas no Edificio Redeiras da Universidade en O Berbés. O conxunto roquestral completará a celebración actuando o vindeiro domingo ás 13.00 horas na praza da Igrexa do casco vello vigués.
Jazz, cantos de arrolar e música clásica encherán de son o Teatro Colón da Coruña o 26 de xuño, data na que a Deputación da Coruña programou a súa Festa da música. Serán tres concertos, en tres horarios distintos e para todo tipo de públicos, con entrada de balde. Comezará o festival, ás 11.30 horas, con "Tecendo sonos", un espectáculo dirixido especialmente a nenas e nenos de 4 a 9 anos. Para as 13 horas está programado o concerto de Pablo Sax Trío (Pablo "Sax" Sinde, saxos; Pablo Sanmamed, contrabaixo; e Sergio González, batería). Cun recital titulado "De Granada a Samarcanda: o exotismo en Europa", presentarase no escenario, ás 19 horas, a pianista Paula Ríos, profesora de Piano no Conservatorio CIEM Federico Moreno Torroba (Madrid), solista recoñecida en España, Reino Unido, Francia, Suíza, Alemaña e Arxentina, e intérprete en gravacións para RNE, TVE, Radio Suisse Romande, TVG, IB3 e RG. O seu concerto ten como nexo o interese dos compositores europeos clásicos por buscar e rodearse da sensualidade e autenticidade de Oriente e da pureza idealizada do folclore do sur e o este de Europa.