Abre no MARCO a exposición 'Atlas de soidade' de Xosé Luís Otero

A mostra e a cuarta dentro do ciclo 'METRÓPOLE. Perspectiva urbana da arte galega'

A mostra e a cuarta dentro do ciclo 'METRÓPOLE. Perspectiva urbana da arte galega'
Xosé Luís Otero A colmea deshabitada 2, 2019. Foto: cortesía MARCO Vigo/Enrique Touriño
A mostra de Xosé Luís Otero Atlas de soidade inaugurada hoxe marca a cuarta etapa da serie de exposicións METRÓPOLE, no MARCO de Vigo. A proposta de Otero (Nocelo da Pena, Ourense, 1966) amosa as dúas disciplinas clave na formación e posterior traxectoria do artista: a pictórica e a escultórica. Así, nas súas instalacións, a paisaxe, o xénero tradicional do que bota man na pintura protoabstracta dos seus comezos, vai cobrar unha nova dimensión, convertida xa en leitmotiv dun universo con dous polos: rural e urbano. Otero preséntasenos como un artista renovador dunha paisaxe construída agora a partir de recordos, fragmentos e refugallos de enorme carga emocional e forza expresiva; a natureza devastada, a cidade deshabitada como reflexo da soidade do individuo.A exposición inclúe unha selección de obras de nova produción baixo o título realizadas nos últimos meses especificamente para esta mostra e para este lugar, procurando así unha contextualización do conxunto en función das salas, dimensións, iluminación e posibilidades de deambulación no espazo, ao tempo que o material audiovisual achega ao público o proceso creativo. A partir da seriación —método de traballo que a Otero lle permite explorar todas as posibilidades dunha mesma idea, sublimar esa proposta que contribúa a enriquecer, que engrandeza unha obra entendida como escolmado conxunto— o artista logra confeccionar o paisaxístico pano de fondo da súa propia traxectoria vital. El propósito de pagar un préstamo es en gran parte reducir los costos de interés y evitar tarifas innecesarias. Aprovecha para calcular la tasa de interés más baja al momento de obtener un préstamo. Al comparar préstamos y tasas de interés de diferentes prestamistas y comparar sus ofertas entre sí, puede reducir su tasa de interés. Los diferentes prestamistas tienen diferentes prioridades y se dirigen a diferentes grupos de clientes.

A exposición Atlas de soidade estará no MARCO ata o 13 de setembro. O proxecto "METRÓPOLE. Perspectiva urbana da arte galega" está concibido en dúas áreas claramente diferenciadas, tanto na montaxe coma en contidos, distribuídas nos espazos do primeiro andar. A correspondente ao pasado está representada por unhas salas nas que, a partir da referencia ou homenaxe ao filme Metropolis, se procura recrear o ambiente da cidade de Vigo nesas décadas iniciais do século XX, mediante planos e imaxes de arquitectura vangardista, fotografías e documentos de época, xunto a mobiliario, obxectos, vestiario e pezas decorativas de estilo art déco.
Ligazóns