O ciclo ‘METRÓPOLE. Perspectiva urbana da arte galegaÂ’, comisariado por Rubén MartÃnez Alonso no MARCO de Vigo, ofrece a súa segunda proposta, co pintor Santiago Montes (Vigo, 1940) como protagonista. SANTIAGO MONTES. Rara avis é o nome desta exposición retrospectiva sobre o artista que basea ese tÃtulo na coherencia da traxectoria profesional do pintor, que segundo o comisario o converten nunha "espantada rara avis sobrevoando a nosa hedonista e infeliz sociedade". O que fora museo de arte contemporánea acolle nas salas do seu primeiro andar esta exposición que se inaugura hoxe e estará ata o vindeiro 3 de febreiro. Quince artistas contemporáneos rexeitaron tomar parte no ciclo Metrópole en protesta contra o alcalde de Vigo polas decisións tomadas respecto ao MARCO e ao seu modelo museográfico de atrte contemporánea.
Montes, diplomado en Maxisterio e con estudos en EnxeñerÃa Técnica Industrial, presenta unha formación artÃstica case autodidacta. Na plástica galega, o pintor iniciarase a través de diferentes xéneros: paisaxe, bodegón, espido e retrato. Pero serán os seus debuxos a lapis brando, os que fagan da cidade gran protagonista da súa obra. O éxito como mestre figurativo de pincelada postimpresionista non freará a súa propia evolución, adentrándose na abstracción dende fórmulas construtivistas (1978-1981), que derivan en expresionistas (1982-1989), ata desembocar no informalismo actual, "onde a sobriedade cromática contrasta con ese enérxico dinamismo que aporta a xestualidade vigorosa do seu trazo".