Con novidades no formato Axóuxere Editora, en colaboración co Concello de Rianxo e a Deputación da Coruña, acaba de convocar unha nova xeira das súas residencias de escritoras/es e pensadoras/es. Desta volta serán cinco as prazas ás que poden optar as persoas interesadas en desenvolver o seu proxecto de escrita na aldea de Brión (Leiro, Rianxo) repartidas nas temporadas de verán (agosto, setembro) e outono (outubro, novembro, decembro). A convocatoria está aberta a "calquera lingua e dentro de calquera xénero; entendendo que a escrita literaria abrangue ámbitos creativos diversos: novelÃstico, poético, dramático, ensaÃstico, xornalÃstico, guión cinematográfico, banda deseñada, etc.", con posibilidade de aceptar a participación de creadoras e creadores doutras disciplinas.
Como é habitual, as autoras e autores seleccinados deberán realizar un seminario ou obradoiro no contexto do Concello de Rianxo e unha lectura, conferencia ou recital no mesmo contexto. O prazo de presentación de solicitude está aberto ata o vindeiro 5 de xullo.