Axóuxere retoma e amplía a súa residencia de escritores

O proxecto inclúe tamén unha convocatoria para pensadores e pensadoras

15/3/2017 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: literatura
2 lecturas | Compartido 0 veces
Logo de tres anos sen a convocar, a editora Axóuxere acaba de retomar a súa Residencia de escritores e escritoras. De novo, a casa do proxecto na parroquia de Leiro, en Rianxo, acollerá durante 31 días, entre xuño e agosto de 2017 os creadores ou creadoras seleccionados. Nesta ocasión, o proxecto amplíase e, canda á convocatoria para autores literarios organiza tamén unha residencia para pensadores e pensadoras. Como contrapartida á estadía na casa, as persoas seleccionadas comprométense a impartir un obradoiros ou un seminario, segundo o caso, e a impartir unha conferencia no Concello de Rianxo, que colabora na organización desta iniciativa. Os interesados teñen ata o vindeiro 16 de abril para presentar as súas propostas.

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares