A editora Axóuxere e mais o Concello de Rianxo fallaban o pasado 1 de marzo a súa convocatoria de residencias de primavera para escritores e escritoras e pensadores e pensadoras. AÃnda que o chamamento prevÃa acoller unicamente unha persoa en cada unha destas categorÃas, finalmente serán tres os proxectos que se desenvolverán na sede desta iniciativa na aldea de Brión (Rianxo). No apartado literario, foron seleccionados a cubana Jamila Medina RÃos coa súa "proposta narrativa vencellada cunha exploración alicerzada nun diálogo coa tradición psicanalÃtica e as literaturas ligadas á exploración do inconsciente, buscando espazos de iluminación e coñecemento nas fendas internas que nos compoñen" e mais Keith Payne, de Irlanda, "coa proposta de elaboración dun longo poema narrativo conectado, estilÃstica e conceptualmente, coa xinea dos seanchaà gaélicos, a antiga tradición dos bardos irlandeses errantes".
No apartado de pensamento o xurado seleccionou a proposta do galego Guillermo RodrÃguez Alonso para desenvolver unha investigación "arredor dunha ontoloxÃa poshumana na que o pensar se realice na encarnación práxica dunha forma de vida alonxada da violencia metafÃsica dos dispositivos de poder modernos, tentando atopar devires alternativos para un ser posible e por vir".
A organización destacou a variedade e a alta calidade das propostas recibidas desde diferentes paÃses e lembra que está aberto ata o 15 de marzo o prazo de presentación de propostas para a convocatoria de residencias de verán.