A editorial Axóuxere ven de facer público o resultado da súa selección de proxectos para as Residencias de verán que organiza na aldea de Brión (Rianxo), e polo que acollerá durante 31 dÃas, entre xuño e agosto de 2017 os creadores ou creadoras seleccionados. Este ano ademais a convocatoria incluÃa, ademais da residencia de escritores e a escritoras outra dirixida a pensadores e pensadoras. Na súa resolución consensuada entre representantes de Axóuxere Editora e o Concello de Rianxo os escritores Pier Franco Brandimarte (Italia) e Yendi Ramos Ojeda (México) foron os elixidos na convocatoria sobre escritura e Marcelo Barbosa Alcaraz (Brasil/Portugal) e Ismael Crespo Amine (Madrid) na convocatoria de pensamento. Segundo indica a editorial non resultou "doado escoller entre as moitas propostas" que lles chegaron procedentes de paÃses e linguas moi diversas e orientadas cara a moi variados sendeiros literarios e de investigación. É por iso que de xeito excepcional Axóuxere decidiu ampliar a selección de unha a dúas persoas por convocatoria, de xeito que entre os meses de xuño e setembro haberá catro persoas en Residencia no espazo de Axóuxere. Como contrapartida á estadÃa na casa, as persoas seleccionadas comprométense a impartir un obradoiros ou un seminario, segundo o caso, e a impartir unha conferencia no Concello de Rianxo, que colabora na organización desta iniciativa.
Dentro da convocatoria de pensadores Marcelo Barbosa Alcaraz (Brasil/Portugal), chegará á residencia cunha proposta de investigación arredor "do lugar do silencio na constitución das subxectividades e como estas se reflicten en distintas manifestacións artÃsticas"; elixiuse esta proposta "debido ao interese que esperta cada vez máis a procura de espazos virtuais de acougo ante o frenetismo contemporáneo da hiperrealidade", consta na resolución. Na proposta de Ismael Crespo Amine (Madrid), estudarase "o sentido da comedia, a ironÃa, o grotesco e a sátira, tentando artellar con eses elementos unha sorte de filosofÃa"; o sentido desta selección apúntase no senso do "carácter altamente problematizador e suscitador que se tenta inserir no real a través do humor." O escritor Pier Franco Brandimarte (Italia) realizará na súa estadÃa unha novela na súa lingua e foi elexido polo "personalÃsimo carácter literario da súa voz, da súa escrita, conectadas coa mellor tradición prosÃstica italiana". En derradeitro lugar Yendi Ramos Ojeda (México), foi seleccionada cunha proposta de elaboración dun poemario en español e foi seleccionada pola "forte orixinalidade da súa poética, na que a reflexión se conxuga cun profuso imaxinario onÃrico".