Axóuxere editora abre a recepción de proxectos para as súas Residencias

O espazo acollera creadores de proxectos de escrita e pensamento en primavera e verán

| Santiago. Redacción | Seccións: LiteraturaSociedade
Compartir:

A casa de Axóuxere Editora na aldea de Brión (Rianxo) acollerá de novo o proxecto de Residencias para as vindeira primavera (abril-maio) e verán (xullo-agosto) de 2018. A editora ven de iniciar o proceso de convocatoria mantendo a que en anos anteriores fixeran a escritores e abríndoa á pensadores que quixeran utilizar este marco para o seu traballo. Deste xeito desde Axóuxere pretenden potenciar a investigación e o desenvolvemento de procesos de pensamento grazas ao seu espazo orientado permitir a liberdade creativa "sen condicionamentos e alleos a calquera lóxica de carácter produtivista". As condicións e as formalidades para a presentación de proxectos, cuxo prazo de recepción xa está aberto, poden atoparse no seu blogue. Estas residencias están co-xestionadas entre Axóuxere Editora e o Concello de Rianxo.

Que che parece esta nova?
69 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Escritores, Concello de Rianxo, Brión, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)