A editora Axóuxere pon en marcha as súas Residencias de Escritores

Irene La Sen abre un proxecto que pretende favorecer a investigación creativa e artística

30/7/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

"Propiciar as condicións e infraestrutura necesarias para o desenvolvemento do traballo literario, así como o establecemento dun espazo de intercambio entre os escritores e a comunidade de acollida" son os obxectivos cos que a editora Axóuxere pon en marcha a Residencia de Escritores, coa colaboración do Concello de Rianxo. A catalá Irene La Sen inaugura no mes de agosto este proxecto, que se desenvolve na aldea de Brión. A autora desenvolverá o seu traballo creativo nunha casa acondicionada ao tempo que realiza obradoiros, recitais e encontros cos veciños.

A editora pretende darlle continuidade a esta iniciativa e xa abriu o prazo para se inscribir na edición de outono deste programa.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Escritores, Concello de Rianxo, Brión, Rianxo

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares