A rehabilitación do edificio, melloras nos servizos de atención a turistas e peregrinos e o impulso á oferta cultural. Estes son os principais obxectivos do investimento de 625.000 euros no mosteiro de San Martiño Pinario, en Compostela, aprobados onte no Consello da Xunta. Da suma total, 205.000 euros destinaranse a melloras no sistema de iluminación, nas carpinterÃas exteriores, na cuberta da sancristÃa e mais na amplificación, ademais de a actuacións nos retablos para paliar afeccións por termita e couza. Outros 120.000 euros irán dedicados ao programa de visitas guiadas e á limpeza e mantemento do conxunto.
Finalmente, unha achega de 100.000 anuais ata 2021 porá en marcha a Tempada LÃrica San Martiño Pinario, que comprenderá sete actuacións, e o mais o ciclo Peregrinos polo Camiño da Música, que incluirá cinco espectáculos.