A navarra June Crespo faise co premio de arte María José Jove

A fundación recoñeceu tamén obras das galegas Julia Huete e Elisa González García

<i>Helmets 2019</i>, fotografía do Facebook da Fundación María José Jove.
Helmets 2019, fotografía do Facebook da Fundación María José Jove.
Helmets, 2019 é o título da obra coa que a creadora navarra June Crespo se impuña onte no VII Premio Internacional de Arte Fundación María José Jove. O xurado seleccionou entre as 875 obras presentadas ao certame este proxecto, que lle reportará á súa autora 12.000 euros e unha publicación monográfica. Ademais, a fundación adquiriu outras tres obras que pasarán a facer parte da súa colección, entre estas dúas de autoras galegas. Estes premios de adquisición foron para a zaragozá Natalia Escudero, a viguesa Elisa González García e a ourensá Julia Huete. Unha exposición no Marineda Business Center da Coruña permitirá contemplar as 15 obras finalistas desta edición ata o vindeiro 29 de xuño.

O comité de selección do galardón estivo formado pola presidenta de la Fundación María José Jove, Felipa Jove, canda a Agar Ledo, Manuela Moscoso, Chus Martínez e Susana González.