Julia Huete gaña o XIº Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas

Marcos Covelo e Roi Domínguez gañaron os segundo e terceiro premios respectivamente

12/7/2019 | Santiago. Redacción | Seccións: ArtePolíticas Culturais
24 lecturas | Compartido 0 veces

'Thérèse soñando' de Julia Huete

Coincidindo coa inauguración da mostra que recolle os 35 traballos finalistas entregáronse onte os Premios para Novos Artistas Auditorio de Galicia. O 1º premio, valorado en 6.000 €, foi para a obra Thérèse soñando de Julia Huete (Ourense, 1990); o 2º e dotado con 3.000 €, para Marcos Covelo (Vigo, 1985) por Respiro hierro; e o 3º, de 2.000 €, para o Estudo para galiñeiro de Roi Domínguez (O Barco de Valdeorras). Estes premios bianuais chegan así á súa undécima edición, todas as obras finalistas, incluídas as premiadas, poderán verse nunha mostra na sala Ángel Brage do Auditorio de Galicia en Santiago ata o 13 de outubro, con entrada libre. Na obra gañadora Julia Huete presenta unha serie de pinturas que foron traballadas con materiais elementais do medio como son o lenzo e a madeira, pero que foron desposuídas da idea clásica de pintura en canto a representación ou imaxe en prol do seu carácter como obxecto, aspecto que se ve enfatizado pola introdución da cor nos cantos e que á súa vez reflexionan sobre a idea do marco. Para Huete en todo este proceso "existe un ensimesmamento, son pinturas que queren preguntarse sobre a súa esencia, o seu poder enunciativo, a súa historia pero tamén sobre as súas posibilidades estéticas". Segundo a artista o feito de traballar a serie e non a peza única vén ao caso para remarcar un xogo de unidade e conxunto, que reforza de novo a obxectualidade sobre a representación. O catálogo dixital do certme poderá consultarse e descargarse no sitio web do Auditorio de Galicia a partires de mañá.


Do mesmo ámbito

22/04/2013

Puntos de partida

O MARCO achega unha exposición colectiva que se adentra nos obradoiros dos artistas

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Auditorio de Galicia, Valdeorras, Ourense, Barco de Valdeorras...