A xornada 'Mulleres ao monte' reivindica a presenza de mulleres no activismo patrimonial

Celebrarase o 2 de xuño coa rúa do río Mao, en Parada de Sil

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Cartel do evento.

Cartel do evento.

Será a primeira vez que se reivindique a presenza das mulleres en todos os ámbitos do medio natural: nos deportes de natureza, na antropoloxía, no patrimonio e na arqueoloxía, na narración de historias. Un grupo de integrantes da Rede do Patrimonio Cultural, coa colaboración da asociación "Meighas montañeiras de Ourense" convocan a xornada "Mulleres ao monte. Andaina de mulleres polo patrimonio", unha andaina pola ruta do Río Mao, en Barxacova (Parada de Sil, Ourense). Será o 2 de xuño, saíndo de Barxacova ás 09.30. O camiño estará complementado con explicacións de diferentes especialistas, desde a antropoloxía, a prehistoria ou os deportes de natureza. As organizadoras buscan reivindicar e incrementar a presenza da muller en roteiros e en actividades de natureza e sendeirismo, vinculadas ao coñecemento do medio e o patrimonio. Para participar cómpre inscribirse no correo redepatrimonio@gmail.com.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mulleres, Natureza, Sil, Antropoloxía...