O Museo do Pobo homenaxea a Fraguas coa exposición Galicia Máxica: Romarías e Santuarios

A mesa farta reflexiona sobre a alimentación no Museo Liste

29/5/2019 | Santiago. Redacción | Seccións: patrimonioDía das Letras Galegas 2019
23 lecturas | Compartido 0 veces

Fotografía da exposición Galicia Máxica: Romarías e Santuarios

Galicia Máxica: Romarías e Santuarios. Gustav Henningsen, fotografías etnográfcas (1965-1968) é a nova exposición coa que o Museo do Pobo homenaxea un dos traballos máis coñecidos de Antonio Fraguas. Unha selección de máis de 80 fotografías que realizou o etnógrafo dinamarqués Gustav Henningsen durante o seu traballo de campo no noso país durante os anos 60 amosa "as romarías como espazo para o sacro e o profano. Os dominios milagreiros coas procesións, as propiedades sandadoras, as ofrendas e exvotos, as poxas na Lanzada... acábanse por entrecruzarse cos festexos ao aire libre, as reunións e animadas celebracións festivas". A mostra abre hoxe as súas portas hoxe e pode verse ata o vindeiro 22 de setembro.
Pola súa banda, o Museo Liste de Vigo abría o pasado 18 de maio A mesa farta, unha exposición na que reflexiona sobre etnoloxía e alimentación. As relacións entre cociña popular e a distinguida, pezas relacionadas co cultivo, produción e comercio de alimentos, obxectos de almacenaxe, transporte e conservación ou diferentes cuestións sobre o que se comía na sociedade tradicional galega.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
1 lugar identificados
Claves temáticas
Protagonistas
Lugares