aCentral Folque publica unha escolma das recollidas musicais de Gustav Henningsen

O antropólogo dinamarqués visita Galicia para presentar o novo libro-CD esta semana

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
aCentral Folque publica unha escolma das recollidas musicais de Gustav Henningsen

Gustav Henningsen. Gravacións musicais en Galiza 1964-1968 é último título da colección "A chave mestra" que publica aCentral Folque. O novo libro CD recolle unha escolma de 38 cortes das gravacións de carácter musical que este antropólogo dinamarqués realizou durante o seu traballo de campo no noso país, maiormente na comarca de Ordes. Os etnomusicólogos Xavier Groba e Sergio de la Ossa foron os responsables de escolmar o material dun estenso arquivo fonográfico que ata hoxe estaba inédito. Ademais do CD, a publicación inclúe un ensaio divulgativo, a transcrición das melodías e unha escolma de fotografías inéditas realizadas por Henningsen.

O propio antropólogo visita o noso país para realizar dúas presentacións deste traballo. Será en Ordes, o día 24 de febreiro, e en Compostela, o 25, nuns actos que contarán tamén con intervencións de Xavier Groba, Sergio de la Ossa, e o editor, Ramom Pinheiro. Canda a eles, a pandereteira Carme da Pontragha e o zanfonista Ariel Ninas interpretarán algúns dos temas incluídos no CD. O traballo fotográfico de Henningsen fora xa obxecto dunha exposición no Museo do Pobo Galego en 2015.

Que che parece esta nova?
90 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

O fecundo legado Henningsen (II)

O fecundo legado Henningsen (II)

As fotografías do antropólogo danés inspiran diferentes proxectos mentres falta por reivindicar parte do seu traballo

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con aCentral Folque, Cortes, Ordes, Ensaio...