aCentral Folque lanza Antonio Fraguas e a memoria musical de Cotobade

O Consello da Cultura acolle a presentación do novo libro-CD

| Santiago. Redacción | Seccións: Día das Letras Galegas
Compartir:
aCentral Folque lanza Antonio Fraguas e a memoria musical de Cotobade

Xavier Groba asina o último lanzamento de aCentral Folque na súa colección Chave Mestra. Antonio Fraguas e a memoria musical de Cotobade é un libro-CD que recolle un cancioneiro musical inédito do homenaxeado no Día das Letras deste 2019, unha colección de partituras de Cotobade compilada por Saturnino Cuiñas e gravacións dos traballos de campo realizados na zona por investigadores como Alan Lomax, Gustav Henningsen ou María Vidal entre outros.

A obra conta cun estudo do musicólogo Xavier Groba na que supón a primeira análise en profundidade da tradición musical deste territorio. As transcricións realizadas por José Luís do Pico, os textos das pezas recollidas e unha selección de 70 fotografías orixinais completan o volume de 240 páxinas. O Consello da Cultura Galega acolle a presentación desta obra na tarde do 12 de decembro.

Que che parece esta nova?
71 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cotobade, Antonio Fraguas, aCentral Folque, Cancioneiro...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares