aCentral Folque recupera a Adelino Pichel

Juanjo Fernández asina o estudo sobre esta figura na colección Chave Mestra

30/12/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Foi o último mestre do toque pechado da gaita de fol na Terra de Montes. aCentral Folque acaba de presentar Adelino Pichel e os gaiteiros de Forcarei, un libro-CD que estuda e recupera esta figura do noso folclore e que sae á luz no seo da colección Chave Mestra. Un estudo de Juanjo Fernández percorre a biografía deste músico e transcribe e analiza boa parte do seu repertorio. Ademais, atende a outros importantes intépretes da zona, como foron Alfonso Ramos, Castor Cahafeiro, Jaime Barreiro, José Firvida Maduro, Manuel Cabada, Ángel Rapado, Ramiro Cortizo ou Jesús campos. O volume está acompañado dun CD no que se poden escoitar 33 pezas interpretadas polo propio Pichel, así como outras dúas inéditas de Castor Cachafeiro, membro dos Gaiteiros de Soutelo de Montes, e de Jesús Campos.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con aCentral Folque, Terra de Montes, Forcarei

Claves

Entidades