O Museo do Pobo recupera as fotografías etnográficas de Gustav Henningsen

A exposición Galicia máxica pode verse ata o vindeiro 16 de xaneiro

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:
O Museo do Pobo recupera as fotografías etnográficas de Gustav Henningsen

Gustav Henningsen visitou Galicia en 1965 enviado por Julio Caro Baroja para facer un estudo etnográfico sobre as crenzas encol da bruxaría no noso país. Durante os seguinte vinte meses, este investigador desenvolveu un intenso traballo de campos por todo o país e no occidente de Asturias, deténdose de xeito especial nas terras de Ordes. Cincuenta anos despois, o Museo do Pobo Galego recupera unha selección das fotografías que Henningsen realizou neste período, na exposición Galicia Máxica. Reportaxe dun mundo desaparecido. Gustav Henningsen. Fotografías etnográficas (1965-1968), que se pode ver ata o vindeiro 16 de xaneiro na sede do Museo en Compostela.

Que che parece esta nova?
88 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

O fecundo legado Henningsen (II)

O fecundo legado Henningsen (II)

As fotografías do antropólogo danés inspiran diferentes proxectos mentres falta por reivindicar parte do seu traballo

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo do Pobo Galego, Ordes, Asturias, Santiago de Compostela