O vindeiro 29 de maio a obra Asterix e Obelix da Fundación ADCOR inaugurará no Auditorio ABANCA de Santiago o Festival de Artes Escénicas de Persoas con Discapacidade Intelectual 2019. Este programa defende o achegamento ás artes escénicas como espazo de desenvolvemento persoal que posúe a capacidade de transformar a sociedade, "defendemos a necesidade de xerar os contextos e as condicións para que alguén con talento, capacidades e entusiasmo, poida ser parte activa da representación escénica", argumentan desde AFundación. Este evento con carácter de ciclo irá rotando polas sedes da obra social da entidade bancaria ata o mes de outubro. Diferentes colectivos traerán as súas obras de teatro para amosar as capacidades de persoas con discapacidade intelectual. A proposta continuará no Teatro Afundación de Vigo o 12 de xuño da man de ACEESCA, quen interpretarán A tÃa Lambida, unha volta tola de todo e eu quixera ser.... Xa no mes de setembro, o dÃa 25, será PRODEME quen saia á escena na Sede Afundación da Coruña para representar Un funeral para morrer coa risa. O festival pecha o 10 de outubro co Centro Méndez Núñez na Sede Afundación de Pontevedra con Años con corazón. As entradas para todos os espectáculos son de balde pero requiren reservas previas que xa están dispoñibles a través da web ATaquilla.com.