A Coruña celebra o primeiro Encontro Mundial de Humorismo

O festival entregará un premio a Moncho Borrajo pola súa posta en valor da cultura e do humor galego

| Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:
A Coruña celebra o primeiro Encontro Mundial de Humorismo

O vindeiro 13 de maio bota a andar na Coruña a primeira edición do EMHU. O Encontro Mundial de Humorismo nace cun programa no que destacan os nomes de humoristas de nivel estatal mesturados con profesionais deste ámbito do noso país. Luis Piedrahita, Ana Morgade, Quequé, Xosé Touriñán, Kike García, Xavi Puig, Facu Díaz, Miguel Maldonado, Marta Flich, Joaquín Reyes ou Carlos Blanco serán algúns dos protagonistas deste evento, que se desenvolve ata o día 19 deste mes nos escenarios do Teatro Colón, a sede de Afundación e Palexco.

Na Gala Fantastic Colofón, que fechará o evento, entregaráselle a Moncho Borrajo un premio pola súa posta en valor do humor galego e da cultura do país. No ámbito estatal recoñecerase cun galardón o traballo do director de cinema José Luís Cuerda e o arxentino Alejandro Dolina levará o premio internacional do evento.

O propio Dolina presentará no festival o seu espectáculo de radio ao vivo La venganza será terrible. No programa atópase tamén oco para a gastronomía, coa Mariscada dos idiotas na que participarán Javier Veiga, David Amor, David Perdomo, J.J. Vaquero e Álex Clavero .

Que che parece esta nova?
73 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Iberojazz VI

Iberojazz VI

A primeira licenciatura de jazz de Galicia estréase no festival

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Humor, A Coruña, Xosé Touriñán, Carlos Blanco...