Este 28 de abril comeza na Coruña a terceira xeira do Encontro Mundial de Humorismo (EMHU). O programa que dirixe o cómico Luís Piedrahita entregará os seus galardóns de honra a Leo Harlem, Laura Caballero, Siro López e Carlos Ballarta. A iniciativa está promovida polas produtoras Etiqueta Negra (Galicia) e El Espectador (Madrid), e conta co apoio do Concello da Coruña, Xunta de Galicia e Estrella Galicia.
Segundo salienta a organización, Leo Harlem recibirá o Premio EMHU Wenceslao Fernández Flórez, que recoñece a unha figura española "cuxa traxectoria, talento e tesón supoñan unha achega significativa na forma de facer comedia". Segundo destacou Piedrahita "con máis de 20 anos de carreira, Leo é unha das iconas máis recoñecibles do xénero do monólogo a nivel nacional, sendo exemplo do humor amable". Laura Caballero, pola súa banda, recibirá o Premio EMHU Fenómeno, que a recoñece como artista revelación do ano neste ámbito. Caballero é creadora, directora e guionista dalgunhas das comedias máis exitosas dos últimos tempos a nivel estatal.
O coruñés Siro López, pola súa banda, recibirá o Premio EMHU Fugas que se outorga a unha figura galega de proxección global, mentres o Premio EMHU Álvaro Cunqueiro a unha figura internacional da comedia recoñecerá ao mexicano Carlos Ballarta. Canda aos galardóns o programa desenvólvese ata o vindeiro 7 de maio con actuacións de Ana Morgade, Carolina Iglesias, Dani Rovira, David Amor, Eva Hache, Eva Soriano, Ignatius Farray, Javier Cansado, Javier Veiga, Juan Dávila, Luis Piedrahita, Marta Hazas, Pantomima Full, Sílvia Abril, Victoria Martín e Xosé A. Touriñán.
Como novidade do encontro, destaca a estrea do espectáculo As R(h)umorosas que reúne as cómicas Carmen Méndez, Ledicia Sola e Marta Doviro para imaxinar e dar voz a algunhas mulleres galegas ilustres mediante o humor a música e a poesía. Oswaldo Digón, pola súa banda, presentará o espectáculo Ansia viva, mentres o arxentino Juan Barraza estreará Garabato controlado. Canda a eles, influencers como Animalize21, Car de Lorenzo, El Cejas e Xurxo Carreño achegarán ao Teatro Colón a súa proposta Sin datos no hay paraíso.