Con seis edicións ás costas, Iberojazz está a se consolidar como unha cita fundamental no panorama deste xénero do noso paÃs. Esta mesma semana bota a andar a nova xeira deste proxecto, cunha homenaxe a Irving Berlin como fÃo condutor. Entre as novidades do proxecto, o programa presenta unha homenaxe á primeira licenciatura de jazz de Galicia. A Big Band do Conservatorio da Coruña realizará un intercambio cunha formación homóloga de Italia na que poderemos coñecer as composicións dos novos licenciados do noso paÃs. Deste intercambio sairá un DVD en directo Antonio Serrano, Chema Sáiz e Israel Sandoval son algúns dos nomes que se poderán ver nesta xeira, ademais das xa habituais sesións no pub Filloa, centradas en valores do noso paÃs. Alberto Conde, director artÃstico do evento, explÃcanos as peculiaridades desta edición, que bota a andar o dÃa 20.