Bota a andar o II Festival Virtual do Libro Galego

O programa repasa ata o vindeiro 28 de marzo a situación das letras do país logo do ano da pandemia

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:
Bota a andar o II Festival Virtual do Libro Galego

Ás 11:30 deste 26 de marzo abre as súas portas a segunda edición do FLIV. O Festival Virtual do Libro Galego centra esta xeira en analizar a situación das letras do país e do sector editorial logo do ano da pandemia. O evento atende de xeito particular a nomes como Xela Arias, que protagoniza un relatorio de Chus Nogueira o día 27, Emilia Pardo Bazán, da man de Marilar Aleixandre o día 26, ou Álvaro Cunqueiro, a quen Armando Requeixo dedica unha conferencia nesa mesma xornada ás 20 horas. Ademais, o programa recolle presentacións das novidades de diferentes editoras ou os últimos lanzamentos na banda deseñada do país.

Desenvolveranse ademais mesas redondas sobre a literatura infantil e xuvenil (día 26 ás 12:30), a poesía impresa e recitada (27 ás 13 horas), a representación da masculinidade no teatro (27 ás 19:15), a novela desde a memoria do propio (28 ás 12:15), o papel da crítica (día 28 ás 19 horas) e mais a capacidade de resiliencia da cultura galega logo de 2020, encontro que fecha o programa ese mesmo día ás 20:30. Entrevistas a Erica Esmorís, María Rei e Rivadulla Corcón, recitais poéticos e lecturas de textos dramáticos son outras propostas que fan parte desta iniciativa, que se pode seguir de xeito íntegro pola rede.

Que che parece esta nova?
89 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Emilia Pardo Bazán, Xela Arias, Armando Requeixo, Marilar Aleixandre...