Un programa apoiará a presentación de novidades nas librarías

Cultura destina 30.000 euros a esta iniciativa

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A típica presentación de novidades literarias en librarías contará desde agora con apoio económico. A Consellaría de Cultura anunciaba onte a posta en marcha, dentro a iniciativa Letras vivas dun programa de promoción destas actividades. En total destinaranse 30.000 euros a apoiar as presentacións de novos libros, sempre que se vencellen a algunha das datas do Calendario das Letras coma o día de Rosalía (24 de febreiro), o do libro (23 de abril) ou o Día das Letras (17 de maio), entre outros. Para arrincar, o vindeiro 5 de marzo celebraranse dezaoito presentacións por todo o país vencelladas ao Día de Rosalía.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Día de Rosalía

Claves

Conceptos