Xunta, libreiros e editoriais programan presentacións e sorteos de libros para este outono

Onte presentouse un programa de dinamización do libro "Venres nas librerías"

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Presentacións de novidades literarias nas librarías de Galicia os venres e un sorteo semanal de libros nas redes sociais da Consellería de Cultura son as características do programa de dinamización do libro presentado onte polo departamento autonómico en colaboración coa Federación de Libreiros de Galicia e a Asociación Galega de Editores. As presentacións serán de libros editados durante este 2014 e os sorteos semanais de libros realizaranse no twitter @conscultura e no facebook http://www.facebook.com/CulturaGalegaXunta. O programa celebrarase entre outubro e novembro de 2014.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Facebook, Twitter, Editores, Federación de Libreiros de Galicia...