Venres nas librarías achega 80 encontros con autores

O programa desenvolverase en 17 librarías de todo o país

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Venres nas librarías achega 80 encontros con autores

Encontros cos autores das últimas novidades literarias os venres e sábados de outubro e novembro. Esta é a proposta que fai o programa Venres nas librarías que celebra este ano a sua segunda edición organizado polas consellarías de Cultura, Economía e Industria, xunto coa Federación de Librarías de Galicia e a Asociación Galega de Editores. En total serán oitenta encontros con autores como Pedro Feijoo, María Reimóndez, Afonso Eiré, Sérgio Tannus e Xesús Constela os que se desenvolverán en dezasete librarías de todo o país. Como novidade deste ano está a ampliación das actividades aos sábados, con eventos destinados especificamente ao público máis novo.

Que che parece esta nova?
79 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con María Reimóndez, Xesús Constela, Pedro Feijoo, Sérgio Tannus...