A Semana do Libro de Compostela agasallará aos visitantes cunha colección de libros propia

Rematará o domingo 11 de xuño

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A Semana do Libro de Compostela iníciase hoxe venres na Praza da Quintana de Compostela coa participación de 32 entidades, entre librarías e diferentes institucións públicas. Como unha das principais novidades, os compradores nos stands recibirán de agasallo libros editados especificamente pola Semana, escritos polos autores Xesús Rábade, Helena Villar, Suso de Toro, Patricia Janeiro, Carlos Quiroga, Roi Vidal e Mariña Pérez, nunha colección propia. Segundo Martiño Noriega, alcalde de Compostela, o obxectivo é potenciar "o consumo de cultura" creando "vínculo emocional" con Compostela.O programa de actividades inclúe sinaturas e presentacións de libros, obradoiros e numerosas actividades para o público infantil.

Que che parece esta nova?
80 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Suso de Toro, Helena Villar, Praza da Quintana, Santiago de Compostela