A Coruña é a cidade con máis perfís en redes sociais

Supera a Vigo tanto no Twitter coma no Facebook

| Santiago. Redacción | Seccións: SociedadeInternet
Compartir:

A Coruña é a cidade galega líder en número de perfís en dúas das redes sociais xeralistas máis coñecidas no Estado: Facebook e Twitter, de acordo cun estudo presentado onte pola consultora The Social Media Family. En concreto, A Coruña mantén 192.000 perfís de Facebook fronte aos 172.000 de Vigo. Se temos en conta que a poboación da Coruña era en 2014 de 244.810 habitantes e a de Vigo de 296.479, vemos que a penetración das redes sociais non é correlativa á poboación. Agora ben, os autores do estudo consideran que debe ser relativamente frecuente que un usuario declare ser dunha cidade e vivir, por exemplo, nalgún concello do extrarradio. A mesma proporción obsérvase no Twitter. Na Coruña a consultora localizou 30866 (dos cales 13.314 estaban activos no último mes) namentres que en Vigo ea 25.981 dos cales só 10.825 son usuarios activos.

Que che parece esta nova?
89 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Vigo, Twitter, Facebook...