Adaptan para dispositivos móbiles o refraneiro galego

Incorpora 10.000 refráns que se poden consultar tamén nas redes sociais e Internet

| Santiago. Redacción | Seccións: Tecnoloxía
Compartir:
Adaptan para dispositivos móbiles o refraneiro galego

Non hai refrán vello que non sexa verdadeiro, Aprende por arte e irás diante... isto non é máis que unha mostra dos 10.000 refráns que están dispoñibles na tenda App Store por 0,79 euros. Unha forma de dar a coñecer o patrimonio cultural galego e a tradición oral do país ás tecnoloxías da información e as redes sociais. A aplicación do Refraneiro Galego para dispositivos IOs (iPhone, o iPod ou o iPad) tamén conta cunha versión para redes sociais (facebook e twitter) e con sitio web que publicará novos ditos diariamente e ás que se poden enviar as súas suxestións.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Internet, Tradición oral, Facebook, Twitter