O Festival Virtual do Libro de Galicia, que iniciou a súa andaina durante o confinamento da primavera de 2020, celebrará entre os vindeiros 26 e 28 de marzo a súa segunda edición. Segundo adiantou a organización do evento, a feira, que se poderá seguir integramente en liña, centrarase en "revisar como foi o ano 2020 para a literatura en Galicia, como afectou a situación de pandemia que se vive á vida literaria". Ao tempo, o programa quere "lembrar algunhas das conmemoracións que serán protagonistas durante o presente ano 2021, de Pardo Bazán a Xela Arias, pasando por Álvaro Cunqueiro".
Así, "entre os argumentos que se debateran nesta segunda edición da FLIV poderán verse e escoitarse aqueles relacionados coa situación mundial e como afecta ao sector cultural, como a mesa redonda que abordará a resiliencia cultural. Tamén haberá debate sobre as características da novela construída desde a memoria persoal e comunitaria, un debate sobre as novas maneiras de creación poética e un encontro de tres actores galegos que falan sobre os roles masculinos na súa profesión". Entre os autores que xa teñen confirmada a súa participación están Marilar Aleixandre, Chus Nogueira, Nee Barros, Irene Fernández, Antía Yáñez, Eva Mejuto, Xesús Fraga, Suso de Toro e Berta Dávila.
A partir deste 15 de marzo, o web do Festival acollerá a sección de escaparate para libros. Ademais, o evento prestará unha especial atención ás artes escénicas a coincidir coa celebración do Día Internacional do Teatro, que se celebra o día 27. Deste xeito, a sección Teatro Interruptus desenvolverase coa colaboración da revista Erregueté.