O Colectivo Rebulir e a CompañÃa ARunRun en colaboración co Grupo de Teatro do Concello de VilamarÃn estrearán este Sábado dÃa 27 o espectáculo Os Ollos de Miss Margaret. Esta Opera Prima combina o baile e a música tradicional con recursos escénicos e teatrais implicando a 70 persoas na súa dinámica. Do que se trata, segundo eles, é de achegar ao espectador a Galicia dos anos 20 por medio da mirada dunha muller da alta sociedade inglesa que viaxa interesada pola nosa riqueza mineral. Deste xeito, en 14 escenas vaise transcorrendo por un ano de vida de Miss Margaret e a súa compañeira Rose, quen descobren un paÃs que choca radicalmente coa súa maneira de entender o mundo. O espectáculo ten una coidada base etnográfica reflectida na escenografÃa e vestiario asà como en numerosas pezas antigas incluÃdas na posta en escena. O lugar elixido para a estrea é o Auditorio Ilduara de Celanova onde xa se colgou o cartel de Completo fai dÃas. Proximamente seguiranse anunciando datas que levarán este espectáculo por todo o territorio galego e mesmo a outros lugares da penÃnsula ibérica.