Jorge Cabezas is Back! é o título dun proxecto expositivo vixente a ata o 30 de xuño da Fundación Luís Seoane da Coruña. A exposición, inaugurada o pasado 30 de marzo, pretende reunir unha pequena mostra concentrada do universo creativo do pintor Jorge Cabezas ( A Coruña, 1972 ), caracterizado polo emprego dunha iconografía única, extremadamente recoñecible, libre, e dunha serie de referencias nas que predominan os aspectos biográficos, a música rock e a cultura popular. A montaxe da mostra inspírase na última exposición realizada por Pablo Picasso en 1970 no Palacio dos Papas de Aviñón, na que o artista presentaba as súas obras a parede chea en memoria da súa primeira visita ao Museo do Prado xusto despois de abandonar A Coruña. Neste caso, a sala principal de exposicións do primeiro andar da Fundación Luis Seoane acollerá 53 pezas en total entre acrílicos, óleos, debuxos e colaxes pertencentes a diferentes etapas da produción do pintor, dispostas sobre unha única parede de 23 por 4,5 metros, transformada nun mural xigantesco
A parede está en diálogo coa instalación dun recinto pechado, unha mini sala de cine en forma de caseta a dúas augas, un dos motivos recorrentes na obra de Cabezas, onde se proxectará o documental dirixido por Antón Reixa e Antonio Segade que recolle testemuñas de amigos, admiradores e colaboradores do artista. Xunto a ela, próxima a unha vídeo instalación realizada por Juan Rodríguez, exhibirase unha selección de obra gráfica na que destacan as libretas de traballo do pintor, que por vez primeira se expoñen ao público. O proxecto compleméntase coa edición dun libro realizado por Desescribir no que colaboran Alberto García Alix, Antón Patiño, Julián Hernández, Yolanda Castaño, Xoel López, Antón Reixa, Rubén Ventureira, Lucía Aldao e Álvaro Dorda, entre outros. Colaboran neste proxecto, o poeta e artista multimedia Antón Reixa, o fotógrafo Juan Rodríguez, o artista Eduardo Hermida, o xornalista Rubén Ventureira e o arquitecto Carlos Pita.