O Congreso Internacional de Antropoloxía reúne un milleiro de especialistas

Compostela acolle esta cita entre o 14 e o 17 de abril vindeiros

| Santiago. Redacción | Seccións: Educación
Compartir:
Logo do XIV Congreso da SIEF

Logo do XIV Congreso da SIEF

Un total de novecentos investigadores e investigadoras de medio cento de países reúnense entre o 14 e o 17 de abril vindeiros no XIV Congreso da Asociación Internacional de Etnoloxía (SIEF). Esta cita, considerado o principal encontro de antropoloxía social e cultural do mundo, contará con noventa sesións que darán conta das últimas tendencias da disciplina a nivel internacional. Entre elas, está prevista unha sesión plenaria dedicada en particular á antropoloxía galega. Susana Narotzky, Tim Ingold, Regina Bendix, Sharon Roseman, Coppélie Cocq ou Dorothy Noyes son algúns dos nomes máis recoñecidos da disciplina que participan do encontro.

O encontro está coordinado polo Instituto de Ciencias do Patrimonio, do Consello Superior de Investigacións Científicas (Incipit-CSIC), as tres universidades galegas, a Universidade Nacional de Educación a Distancia e a Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro (Portugal).

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

As liñas da antropoloxía

As liñas da antropoloxía

Repasamos algúns dos focos actuais da disciplina en Galicia a coincidir co XVI Congreso de Antropoloxía

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Antropoloxía, Educación, INCIPIT, CSIC...