O Congreso Internacional de Estudos Galegos celebrarase en xullo

Vigo, compostela e A Coruña acollerán as actividades entre os días 13 e 17

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Xa hai datas para a celebración IX Congreso Internacional de Estudos Galegos. A principal cita para os investigadores da nosa cultura en todo o mundo celebrarase entre o 13 e o 17 de xullo deste ano, repartindo as súas actividades entre Compostela, Vigo e A Coruña, que acollerá a sesión de feche. Co lema "Galiza nos Contextos Globais: Perspectivas para o Século XXI", o encontro repasará a situación actual das investigacións encol Galicia en todo o mundo. O presidente da Asociación Internacional de Estudos Galegos, Burghard Baltrusch, anunciaba onte a cita a coincidir coa sinatura dun convenio de colaboración entre esta entidade e a Universidade da Coruña.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Universidade da Coruña, Asociación Internacional de Estudos Galegos, Santiago de Compostela