O novo congreso da AIEG analizará Galicia no contexto global

A Asociación Internacional de Estudos Galegos presentou as actas do seu último congreso

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Será en Santiago no ano 2009 cando a Asociación Internacional de Estudos Galegos, que reúne a moitos dos investigadores do galego que investigan ou imparten docencia en universidades estranxeiras, celebre o seu congreso baixo o título “Galicia nos contextos globais. Perspectivas para o século XXI”. A AIEG anunciou o seu novo congreso no curso da presentación das Actas -libro e DVD- do VII Congreso, que tivo lugar en Barcelona en maio de 2003 e que abordou os temas “Mulleres en Galicia” e “Galicia e os outros pobos da Península”. Na presentación, celebrada no Consello da Cultura Galega, interviron Henrique Monteagudo, secretario da institución; Helena González, coeditora das Actas, e Burghard Baltrusch, Presidente da AIEG.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Asociación Internacional de Estudos Galegos, Helena González, Henrique Monteagudo, Mulleres...