Preséntase o X Congreso Internacional de Estudos Galegos

O encontro contará con máis dun cento de achegas desde diferentes disciplinas

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O Consello da Cultura acollía esta mañá a presentación do X Congreso Internacional de Estudos Galegos, que se celebrará en Cardiff entre o 12 e o 14 de setembro. A nova edición deste encontro trienal, que organiza a Asociación Internacional de Estudos Galegos (AIEG) coa colaboración da Universidade de Cardiff e do propio Consello da Cultura reunirá máis dun cento de relatorios sobre diferentes aspectos da nosa cultura baixo o lema Galiza alén do Arco Atlántico: unha visión multidisciplinar dos Estudos Galegos.

Segundo sinalou Craig Patterson, presidente da AIEG, contarase coa presenza de 125 participantes de orixes tan variadas coma Rusia, Arxentina, Estados Unidos ou Escocia, e especializados en disciplinas coma a Xeografía, a Arte, o Cinema, os Estudos Feministas ou a Filoloxía. No encontro celebraranse sete conferencias plenarias a cargo de David MacKenzie, Xurxo Mariño, Manuel Gago, Rosario Álvarez, Chus Pato, Luz Costa e Helena González.

No seo do congreso intégrase tamén a celebración o Obradoiro de Estudos Rosalianos os días 13 e 14 de setembro, e unha sesión de feche na que se analizarán os trinta anos de historia da asociación.

Que che parece esta nova?
75 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Alén do Arco

Alén do Arco

Cardiff acolle o X Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con ARCO, Asociación Internacional de Estudos Galegos, Atlántico, Xurxo Mariño...