A antropoloxía galega celebra o seu VI congreso en Viveiro

O encontro desenvólvese os días 28 e 29 de abril co lema "Antropoloxía en Galiza e Asturies hoxe"

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
A antropoloxía galega celebra o seu VI congreso en Viveiro

A Asociación Galega de Antropoloxía (Agantro) celebra os vindeiros 28 e 29 de abril o seu VI congreso. Viveiro acolle esta cita, que co lema "Antropoloxía en Galiza e Asturies hoxe" quere facer un repaso pola situación desta disciplina nas dúas comunidades e procurar "liñas e temas de colaboración".

Segundo explica a entidade, este encontro "está deseñado como un espazo de visibilización do valor desta disciplina ao tempo que como encontro coa Asociación Asturiana de Antropoloxía e Patrimonio Etnolóxico (ASAPE)". O programa abre o día 28 coa asemblea anual da Agantro, e continuará o día 29 cun encontro entre representantes da disciplina das dúas comunidades durante a mañá.

A sesión de tarde do sábado será aberta ao público e amosará proxectos de investigación en marcha, con tres propostas de cada territorio, baixo o título 6×6 Antropoloxía en Galiza e Asturies hoxe.

O congreso continuará coa conversa (Re)activar saberes: A Antropoloxía fronte aos desafios dos mundos posibles, con Llorián García-Flórez (ASAPE) e Candela Morado (UPM/INCIPIT, Agrocuir), moderada por Íñigo Sáchez Fuarros. Esta mesa propón "reflexionar arredor desas dicotomías clásicas que aínda hoxe continúan delimitando a senda do camiño (rural/urbano, tradición/vangarda, local/global, patrimonio/anti-patrimonio, natureza/cultura), poñelas en contexto (os territorios e a realidade próxima de Galiza e Asturies) e intentar ver como estes polos e liñas que os atravesan están sendo cuestionados e redefinidos dende os activismos, o habitar, os coidados ou as prácticas artísticas".

Que che parece esta nova?
85 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

As liñas da antropoloxía

As liñas da antropoloxía

Repasamos algúns dos focos actuais da disciplina en Galicia a coincidir co XVI Congreso de Antropoloxía

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Antropoloxía, Viveiro, Asociación Galega de Antropoloxía (AGANTRO), Natureza...