Fomento adxudica a rehabilitación do patrimonio arquitectónico da aldea lucense de Fonfría

O núcleo do concello de Pedrafita benefíciase dun programa de mellora do Camiño de Santiago

| Santiago. Redacción | Seccións: PatrimonioCamiño de SantiagoPolíticas Culturais
Compartir:

O Ministerio de Fomento, a través da Dirección Xeral de Arquitectura, Vivenda e Solo, ven de adxudicar as obras de recuperación e posta en valor do Núcleo Rural Tradicional de Fonfría, mediante a redución do impacto visual de edificacións en Pedrafita Do Cebreiro (Lugo), por un importe de 596.114,75 €, financiados na súa totalidade con cargo ao propio Ministerio. As obras inclúense no marco dun conxunto de actuacións que ten como obxectivo principal a mellora do Camiño de Santiago ao seu paso por dez municipios das provincias de A Coruña e Lugo. Na actuación levarase a cabo a pavimentación do tramo do Camiño de Santiago no paso pola aldea de Fonfría, o soterramento de instalacións de saneamento e acometidas, e a realización dunha nova instalación de iluminación máis acorde co carácter patrimonial do núcleo. A mencionada actuación realízase no marco do Programa de Rehabilitación do Patrimonio Arquitectónico. Fomento convocou previamente un concurso de proxectos para a selección dos dez proxectos que completan o conxunto da intervención. Estas obras corresponden ao primeiro proxecto que se licitou. O inicio das obras se prevé en maio deste ano, cun prazo de execución de seis meses.

Que che parece esta nova?
75 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Camiño de Santiago, Lugo, Arquitectura, Ministerio de Fomento...