O Mitma porá en valor a igrexa de San Xulián do Camiño en Palas de Rei

O Ministerio licitou as obras por valor de 351.410 euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
 San Xulián do Camiño. Wikimedia Commons. José Antonio Gil Martínez.

San Xulián do Camiño. Wikimedia Commons. José Antonio Gil Martínez.

Mellorar a contorna da igrexa de San Xulián do Camiño, en Palas de Rei, é o obxectivo do contrato que licitaba esta semana o Ministerio de Transporte (Mitma) por valor de 351.410 euros. Segundo adianta a entidade, os fondos destinaranse a mellorar pavimentación que hai desde a zona central do núcleo de Palas ata o alargamento do Camiño, a incluír o lateral da igrexa e a marxe do Adro. Ademais, no espazo de actuacións soterraranse instalacións urbanas como arquetas e rexistros e mudarase o alumeado da zona para evitar o impacto visual do existente. Segundo explica o Ministerio, con esta actuación quérese "revalorizar a historia e o patrimonio de Palas de Rei, achegando unha mellora substancial na calidade do espazo público que contribúa a dignificar e dotar de valor as edificacións tradicionais do núcleo". Está previsto que as obras se inicien a comezos de 2021.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Palas de Rei

Claves

Lugares