O aeroporto de Santiago abre o seu espazo cultural cunha mostra pictórica

A compostelá Carlota Pereiro expón trinta obras na terminal internacional ata o verán

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteSociedade
Compartir:
O aeroporto de Santiago abre o seu espazo cultural cunha mostra pictórica

O aeroporto de Santiago ven de acoller por primeira vez unha exposición de pintura no seu novo espazo cultural habilitado na terminal, nomeado como The Sky Way. Este novo espazo do recinto aeroportuario internacional presenta a exposición Mi camino da artista compostelá con base en Madrid, Carlota Pereiro. A mostra recolle arredor de 30 obras, a meirande de gran formato, realizadas en óleo, acrílico e técnica mixta sobre lenzo e láminas dese 2015 ata a actualidade. A artista multidisciplinar, que actualmente traballa como deseñadora no Museo Thyssen, plasmou nestas obras, moitas delas relacionadas co tema do Camiño de Santiago, a súa evolución artística deste período. A exposición poderá visitarse ata o verán. The Sky Way é un espazo cultural no Aeroporto de Santiago que ofrece espazo para a divulgación da cultura en todos os seus ámbitos. Na actualidade, están expostas dúas maquetas de gran formato cedidas polo Consorcio de Turismo e polo Concello de Santiago, unha da Catedral e outra de Compostela no século XIII; ademais da dita exposición de Carlota Pereiro. O espazo tamén pode ser utilizado para conferencias, concertos, ou calquera outra manifestación artística, previo acordo coa Dirección do Aeroporto de Santiago.

Que che parece esta nova?
67 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carlota Pereiro, Catedral, Camiño de Santiago, Turismo...