É un espazo multidisciplinar de arte, que ten unha parte de galería e outra parte destinada a obradoiros para nenos e pequenos resume Luisa Pita, directora artística de Bus Station Space, que abre as súas portas esta tarde en Compostela (Plaza Camilo Díaz Baliño, 17 baixo, 20:30 horas). E a súa carta de presentación ao público é unha exposición do artista sevillano Felipe Ortega-Regalado. Un artista multidisciplinar que presenta unha exposición de ilustración que crea un mundo de prantas, animais e seres misteriosos. Obradoiros relacionados coa arte que se incorporan hoxe á oferta artística de Compostela.
A directora artística de Bus Station Space asegura que o proxecto conta cun fondo de colaboradores no que figuran nomes como Valentín Jaramillo, María Ortega Estepa, Tatiana Sarasa, Óscar Sancho, Quin Abellá ou os deseñadores composteláns Alalá (Alfredo Iglesias e Álex Regueiro). A intención é que cada dous meses haxa unha nova exposición dalgún artistas emerxentes de calquera tipo de disciplinas. Son emerxentes, pero que teñen un curriculum e unha calidade contrastable.
Por outra banda, os 250 metros que ten este espazo artístico, cuxo nome garda unha clara relación co contorno no que se instala, contará tamén unha parte de obradoiro que se irá perfilando con tempo. Fotografía, pintura, papiroflexia para grandes e para pequenos pero sobre todo queremos crear un clima no que todo o mundo se sinta cómodo asegura Luisa Pita.