Bucanero Teatro estrea en Vigo a comedia 'Sesión contínua'

Unha homenaxe ao cine na que os tres intérpretes emulan múltiples secuencias de grandes películas

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Bucanero Teatro estrea en Vigo a comedia 'Sesión contínua'

Sabela Hermida, Xosé Bonome e Pedro Picos recrean entre os tres escenas míticas do cine en clave de parodia cómica en . O espectáculo de Bucanero Teatro estréase este sábado 30 en Vigo no teatro AFundación. Lino Braxe dirixe ao trío de actores que contant cun texto a cargo de Irmáns da Costa. Nesta “homenaxe” ao cine desde o teatro os tres actores recrearán con humor secuencias de The Blues Brothers, 2001. Unha Odisea no Espazo, O Resplandor, Pulp Fiction, Febre do Sábado Noite, Instinto Básico, Tarzán>/i> ou Psicose, entre outros, encadeando unha narración propia con elas nunha comedia do absurdo ao longo de case unha hora e media de espectáculo no que o cambio de personaxes e vestiario e continuo para os tres intérpretes no percorrido da súa propia historia a cabalo da Historia do cine.

Que che parece esta nova?
86 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Cine, Comedia, Vigo...